Feb 24

Hoxe, ás 20h no Centro Social Atreu da Coruña (ver mapa), terei o pracer de participar nunha mesa-redonda xunto a Xosé Manuel Pereiro (blogtwitter) e Roberto Brenlla (blogtwitter). Agradézolle á xente da RDS e de Atreu o convite e espero encontrarvos alí para discutirmos algúns dos asuntos máis apasionantes que están a ocorrer no mundo: os procesos de desintermediación informativa, cultural e política; a crise das organizacións sociais e das institucións representativas; ou a emerxencia de novos suxeitos políticos colectivos e de novos modos de reprodución social.

Este é o cartaz do evento (para ampliar, click!).

One Response to “Comunicación e poder”

  1. caralladas Says:

    vaia home, de velo antes tería ido. Hai que anuncialo antes!!