Feb 24

Hoxe, ás 20h no Centro Social Atreu da Coruña (ver mapa), terei o pracer de participar nunha mesa-redonda xunto a Xosé Manuel Pereiro (blogtwitter) e Roberto Brenlla (blogtwitter). Agradézolle á xente da RDS e de Atreu o convite e espero encontrarvos alí para discutirmos algúns dos asuntos máis apasionantes que están a ocorrer no mundo: os procesos de desintermediación informativa, cultural e política; a crise das organizacións sociais e das institucións representativas; ou a emerxencia de novos suxeitos políticos colectivos e de novos modos de reprodución social.

Este é o cartaz do evento (para ampliar, click!).

Xan 15

Hoy mismo, en una nueva conversación en Twitter, Álex de la Iglesia tuvo la gentileza de responder a las cuestiones que suscité en mi anterior post. A continuación ofrezco un extracto de sus respuestas más relevantes.

Sobre los 3 puntos de su tweet del jueves pasado, Álex de la Iglesia declara:

Después de hacerle llegar mis comentarios a sus respuestas, le dirigí una pregunta muy directa. Esta (falta el verbo “ser”, por esas cosas que pasan al escribir rápido):

Al cabo de unos minutos, obtuve una esperanzadora respuesta:

En ella, Álex de la Iglesia acepta el intercambio de archivos siempre que no exista lucro de por medio o, como él dice literalmente, cuando no se produzca un alojamiento de contenidos no autorizados. Eso sí, matizaba 8 minutos más tarde (parte superior), tal vez al percibir el alcance de sus anteriores palabras (parte inferior):

Podría ser este un punto de encuentro que, aun sin resolver otras varias y complejas cuestiones que en este debate se entrecruzan, generase un clima de diálogo más fértil que el existente actualmente. Diálogo al que, por cierto, también se apunta Álex de la Iglesia, como hizo constar en su tweet de despedida de la cordial conversación que mantuvo conmigo:

Dec 11

O xoves pola noite, a través de Twitter e Facebook, lancei a proposta de organizar unha manifestación cidadá na Coruña, cidade na que nacín e onde vivo, como mostra de solidariedade con Wikileaks e de reivindicación dos dereitos á liberdade de expresión e a unha información libre e veraz. No diálogo xerado, decidiuse adherirse á iniciativa de freewikileaks.eu, que estaba a facer un chamamento en todo o Estado español cos mesmos motivos.


Aspecto do Obelisco nos primeiros instantes da concentración.
Foto: mondoxibaro

Así foi feito, de xeito que hoxe A Coruña se sumou ás mobilizacións convocadas simultaneamente en ducias de cidades ao largo do mundo. A idea era celebrarmos unha manifestación, pero unhas horas antes do inicio a Policía Nacional informou, no nome da Subdelegación do Goberno na Coruña, que a manifestación fora “expresamente prohibida”, polo que finalmente foi realizada unha concentración. Ou, máis ben, dúas.

Un momento da paseata rumbo á Av. Linares Rivas.
Á dereita, abrindo a marcha, algúns participantes
ataviados coa máscara identificativa de Anonymous.

Ás 18:10 xa se congregaran no Cantón Grande 80 persoas. Repartíronse copias do manifesto común, informouse da imposibilidade de realizar unha manifestación e optouse por percorrer a distancia até o Consulado de Suecia nunha paseata silenciosa polas beirarrúas dos cantóns. Despois de gritar unanimemente a única consigna que se escoitou na mobilización, que foi a de “Liberdade de expresión!”, desprazámonos até a (antiga?) sede do Consulado de Suecia. Alí, leuse o manifesto primeiramente en galego e a seguir, por iniciativa dun dos presentes, tamén en español. Despois das respectivas salvas de aplausos e de volver reclamar en voz alta “Liberdade de expresión!”, a concentración -que nese momento xa congregaba 100 persoas- disolveuse coa mesma tranquilidade coa que se formara.

Momento da primeira lectura do manifesto

O ambiente foi en todo o momento de absoluta calma e dunha serena reivindicación cívica, respondendo exactamente ao espírito co que se convocara o acto. A única sorpresa, moi agradable e positiva, foi a presenza dun centenar de persoas, desde xente moi nova até parellas de mediana idade. A cifra de participantes foi -de lonxe- moito maior do que se podía esperar nunha iniciativa puramente cidadá, xa que non contaba co apoio de ningunha organización política nin social. Un sintoma, por un lado, do poder das redes sociais para mobilizar a xente e, por outro, da existencia dunha conciencia cívica moi viva. En fin, foi unha bonita xornada que deixou en todos os presentes un bo sabor de boca e a certeza de que cada un de nós representaba moitas outras persoas que defenden as mesmas ideas.

Grazas a todas as persoas que axudaron a divulgar a convocatoria, aos medios de comunicación presentes e moi especialmente aos participantes, que tiveron unha actitude exemplar.